Factory Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1978 |
Data de disolución | 1992 |
Fundador(es) | Tony Wilson |
Organización matriz | Warner Music Group |
Sede | Manchester |
País | Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Factory Records foi unha compañía discográfica independente creada en Manchester (Reino Unido) no 1978. A iniciativa parte de Tony Wilson, xornalista de Granada TV, como medio de dar saída ás bandas que actuaban no seu club The Factory. Axudado por Alan Erasmus, Rob Gretton (axente de Joy Division), o produtor Martin Hannett e o deseñador Peter Saville, o selo editou parte dos discos máis emblemáticos do pop británico ata o seu peche en 1992, ano en que foi absorbida por London Records.
Na actualidade, Factory vive a súa cuarta encarnación como F4 Records.